martes, 26 de mayo de 2009

"Lamentable!"


Querida Elisa:
Ola, son Lucía, a túa amiga! Queríache contar o que me pasou na praia.

Estaba construíndo un castelo de area mentres facía a dixestión do que comera. De súpeto, vin un barco con persoas africanas que se achegaban máis e máis a onde estabamos nós. Como moitos estaban enfermos, chamaron a enfermeiras e a persoal médico para que os atendesen. Pediron diñeiro para axudarlles, eu donei tres euros. Ao final todo saíu ben. Que mágoa que haxa xente nesa situación!

Un bico.
Lucía

No hay comentarios:

Publicar un comentario