Fai relación ás persoas que, pola súa condición de discapacidade igual ou superior ao 33%, teñen dificultades funcionais para utilizat transportes ou deambular con autonomía.
Pois ben, para min isto é totalmente familiar. Desde que era ben pequena recordo á miña tía nunha cadeira de rodas; ten unha enfermidade dexenerativa que, según vai pasando o tempo, lle impode facer cousas da vida diaria. Ela ten só corenta e catro anos.
Algo tan sinxelo para nós como: comer, escribir, ducharse, falar..., son obstáculos. Cústalle falar porque os seus músculos cada vez póñense máis ríxidos. Non pode camiñar porque as súas pernas non reciben as ordes que lles dá o cerebro.
Sen embargo, co intelixente que é, estudou dúas carreiras, fixo un máster e traballa, a pesar do que lle custa.
Cando imos polas rúas, un pequeniño escalón didficulta mover a súa silla e poder avanzar. As barreiras arquitectónicas cada día son menos. Hoxe en día hai buses e taxis adaptados, baños accesibles...
Ten unha furgoneta adaptada, de forma que baixa unha rampla por detrás e pode subir sentada na silla; o que lle axuda a non perder tempo, así como atender mellos aos meus avós.
Conta con "asistencia persoal" (AP), que lle axuda nas súas necesidades diarias.
Deberían multar a quen aparca na súas prazas adaptadas.
Aldara
No hay comentarios:
Publicar un comentario