lunes, 25 de septiembre de 2023

"Un día na finca"

O meu avó ten unha finca e ás veces lévame.

No traxecto, habitualmente, poño cancións divertidas. Ao chegar, mentres el calza as botas, eu vou botar a primeira ollada aos coellos e ás galiñas.

Despois, toca facer determinadas tarefas: alimentalos, coller as berzas, quitar as malas herbas, ver se algún topo quedou atrapado nalgunha trampa...  

Cando eu termino a miña parte, o avó dáme unha das súas marabillosas mazás que, por certo, están boísimas.

Ao rematar, colle un dos meus balóns, e xogamos a moitas cousas.

A media mañá, abro o cuarto dos coellos e déixoos corretear; iso si, nunca os perdo de vista. Non vaia ser que marchen á estrada!

Se sobra tempo, sempre facemos ovos cocidos ou collemos unhas poucas patacas.

A maior anécdota que teño é que un día me atopei con dous ourizos moi pequeniños que ían camiño á estrada, collinos e agora viven entre a palla do cobertizo e, ás veces, déixanse ver.

Encántame ir á finca co meu avó!

Bruno

No hay comentarios:

Publicar un comentario