lunes, 17 de abril de 2023

"Carta á miña raíña"


 Querida avoa:

Fai arredor de case dous anos que non volvimos a falar. Canto tempo, verdade? Iso é o que pensan todos os humanoides deste planeta. O certo é que falamos todas as noites.

Ninguén imaxina todo o que che conto e aínda non sei como non te cansas de min.

Todos xa saben que te fuches de súpeto, pero sempre teño a crenza de que estás nunha terceira dimensión (como din algúns "tolos"); e que en realidade todos os días camiñas ao meu carón, ao NOSO carón.

Como sabes, pronto será o Día da Nai, aínda que de ti aprendín que esta festa é só comercial; un día no que se aproveita para agasallar ás nais, pero recordo que sempre dicías: "O día da nai é todos os días". A nai valórase e respéctase". Que gran ensinanza e que ben o vou entendendo!

Intento sempre recordarlle tanto á miña nai como a meu pai o orgullosa que me sinto deles, porque sei que así como so nenos temos moitos medos, os adultos tamén os teñen, e xusto o outro día escoitei dicir: "estarémolo facendo ben? Estarémoslles dando o que precisan?" Entón entendino. Valeeee. Non todo é perfecto. Non che vou mentir. Ás veces, entre Ainhoa e eu hai conflito e... Complicámoslles un chisquiño a vida aos xefes da casa..., pero pronto poñen solución. O importante é que intento ser boa filla con eles.

Fas moita falta na casa e ás veces vexo que a mamá aínda máis, pero ela non di nin mu.

Ás veces recordamos a deliciosa tortilla que nos facías. Que ben cociñan as avoas, eh!

Voute deixando. Xa está doña prisiñas chamando para saír. Máis tarde falamos.

Por certo, chicos, dádelle moitas apertas, bicos e mimos aos vosos avós, avoas, pais e nais.

Recordádelles  o moito que os queredes. Asegúrovos que lles encantará escoitalo.

E a todas as nais,

DESÉXOVOS UN GRAN DÍA!

Sara

1 comentario:

  1. Non deixas de sorprendernos, Sara!
    Grazas por recordar así á túa avoa e polas palabras empregadas para referirte a nós.
    Estamos moi orgullosos de ti.

    Fabio e Ingri.

    ResponderEliminar