Lana é igual que Pedro?
Ola, a miña mellor amiga, a miña curmá, vai ir hoxe ao cine dentro de dúas horas. Está moi emocionada; chamouna un neno da súa clase e díxolle:
- "Invítote ao meu aniversario ás cinco e media, no cine do centro comercial "Cunchas Mariñas". Espero que veñas, grazas".
Dende ese momento estoupou de ledicia. Empezou a prepararse, non se decidía se poñer: pantalóns, saia ou vestido; logo: botas, zapatos ou deportivas; máis tarde comezou a se preguntar se mellor ir co pelo: recollido, ondulado, solto, trenzado, nun moño, nunha coleta...
Ao final, vai á festa cun fermoso vestido amarelo, cunhas flores de cores nel, unhas brillantes bailarinas rosas e o pelo ondulado.
Encántame o seu estilo.
Agora temos que esperar, esperar, esperar, ata que chegue o momento.
Recollérona nun pequeno autocar, e empezaron os problemas:
Condutor - Un, dous, tres... nove e... Quen é esta nenucha? Ela non pode montarse aquí; pode contaminar o vehículo; chamarei a alguén para que a leve noutro transporte de menos calidade, que é onde debería ir.
Pedro (o neno da súa clase) - Non, que facedes; ela é a miñaa amiga e vai ir conosco; se non, eu tampouco vou.
Os outros rapaces - Non perdas o tempo con tonterías, deixa marchar a esa cría.
A nena tivo que ir nun coche destartalado.
O pai de Pedro - Quen quere palomitas e golosinas?
Todos levantaron a man.
- Non me vai chegar o diñeiro, alguén terá que quedarse sen comer; por exemplo, Lana, non te mereces nada despois de coller sen permiso as chaves do meu coche.
Lana - Eu non collín nada.
O pai de Pedro - Entón, como explicas que están na túa mochila.
Ela mirou, estaban alí.
Lana - Pero... Como?
O señor García, o pai de Pedro, meteunas alí un pouco antes, para así poder botarlle a culpa e non pagar por ela; en realidade, tiña diñeiro suficiente.
Para rematar: todos os nenos colocados moi ben nas filas do cine, no medio; ela na esquina.
Lana - Por que eu teño que ir na última fila na esquina?
O das entradas - Para que non os molestes, porque ocupas moito sitio, por un roubo, por preguntar, por curiosa... Se queres, douche máis explicacións.
Pedro - Non quero que deixedes de lado á miña amiga, non quero que a maltratedes, non quere que se sente noutro sitio, non quero que a culpedes sen motivo, non quero que se monte nun coche destartalado, non... Agora pregunto: Queredes que vos dea máis motivos polos que vou cancelar a festa?
Mayra
No hay comentarios:
Publicar un comentario