lunes, 30 de enero de 2023

"A responsabilidade que implica ter irmáns pequenos"

Eu, desde que tiña tres aniños, sempre quixen un irmán. Cando me enterei de que o ía ter, púxenme nerviosa e moi contenta, a partes iguais.

Meus pais leváronme a ver unha ecografía de bebé, e alí entereime de que ía ser un varón. Entón comecei a pensar como me gustaría que se chamase, porque sempre tiveron en conta as miñas opinións. 

A data prevista do nacemento era o dezasete de xaneiro de 2015, polo que recordo á miña nai no meu cuarto aniversario cunha barriga enorme. Eu cumpro tan só uns días antes, o día nove.

Chegou o dezasete, o dezaoito..., e o neno non tiña traza de nacer. Sería unha semana despois do previsto; e así chegou Fabio ao mundo o vinte e catro de xaneiro de 2016.

Tan pequena que era, sentíame responsable do que lle acontecese e creouse un vínculo moi forte entre os dous que xa ninguén vai desfacer.

Teño deixado de xogar coas miñas amigas para estar pendente del e que non levase ningún golpe. Un sorriso del ou unha aperta era do máis valioso.

A primeira palabra que pronunciou foi o meu nome; iso si, á sñua maneira: "Alala".

Sabe que sempre poderá contar co meu apoio no que necesite ao longo da súa vida, e pensso que eu tamén con el.

Ter irmáns é unha responsabilidade que adquirimos inconscientemente, mais merece a pena porque é moi gratificante.

Aldara

2 comentarios: