Érase unha vez unha nena chamada Aldara coa súa cadela Duna.
Un día decidiron ir dar un paseo polo monte; de súpeto non sabía onde estaban. Entón chamaron á sá nai, mais non había cobertura!
Asustouse, e comezaron a ter moita fame; acurrucáronse ela e cadela no medio do monte.
Cando saíu o Sol, decidiron ver se encontraban o camiño de volta a casa e, por sorte, así foi. Moi ledas, contoulle todo o acontecido aos seus pais.
Chegou o aniversario da nena, decidiron celebralo no monte, pero... Dixo: "E se nos volvemos perder!".
- É certo, e nun parque de bolas? - suxeriu a nai.
- Si, encantada.
Así é como remata desta historia.
(Lembrade: se sodes menores de idade, nunca vaiades sós.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario