martes, 29 de noviembre de 2022

"O Nadal"

É a mellor época do ano.

Báilase, cántase panxoliñas, hai agasallos... Este ano pedín unha Nintendo cos seus accesorios.

Xa puxen a decoración, foi moi divertido coa miña familia: Cantamos todos xuntos!

O día de fin de ano xúntome cos meus avós; sempre fago buratiños no roscón co coitelo, ninguén o sabe. Sempre acabo encontrándome a faba.

Coas uvas atragántome e acabo a última, aínda que empezo a primeira...

O meu aniversario está moi preto, polo que teño moitos agasallos tanto no mes de decembro como en xaneiro.

Síntome afortunada por ter  unha familia que me quere e un fogar onde vivir e celebrar estas festas así como o resto do ano.

OXALÁ TODOS OS NENO DO MUNDO TIVESEN TANTA SORTE COMA MIN E O MEU IRMÁN!

Aldara

No hay comentarios:

Publicar un comentario