Un día de verán que estaba nun campionato de carreiras cos meus compañeiros pasoume algo moi divertido.
Eramos doce nenos competindo e na metade da carreira, indo de primeira, tropecei cunha pedra e fíxenme moito dano no queixo. Nese momento, pensei que quedaría de última, pero grazas a que collín un atallo gañei unha copa.
Como premio tamén recibín un doce que levaba queixo e lima, e unha copa de Nestea. E por suposto un cheque que tiña que ir a reclamalo a un banco.
Ao día seguinte, cando fun reclamalo, decidín sentarme nun banco que estaba preto dun río e no que se podía ver un banco de peixes. Descansei uns minutiños e de súpeto caeume unha pluma branca que viña do ceo. Nese instante pensei: "Isto é ter sorte". Logo seguín o camiño e xa no banco pedíronme que asinase uns papeis.
Eu, encantada, collín unha pluma que mercara na librería e asinei.
Ao chegar á miña casa, estaba meu pau cunha lima afiando un montón coitelos. Nótase que non ten nada de vago! Estaba a prepararse para facer a cea. Que iría facer? Só puiden ver que tiña un bago nunha cesta. Iso non creo que chegase para moito.
Sara
No hay comentarios:
Publicar un comentario