martes, 13 de septiembre de 2022

"Story time"


Hoxe vouvos contar unha historia real que susucede continuamente.

Eu, dende os sete anos, o 11 de agosto sempre teño o mesmo sono: 

"Vou á praia a facer snorkel un rato e despois teño a mente en branco. 

Despois estou nun cruceiro cos meus compañeiros de infantil, pero con doce ou catorce anos. Os nosos pais parecían máis xóvenes.

Baixo con Diana e Zaira unhas escadas ata chegar a unha pequena tenda. Recorremos os corredores e entramos como nun pasadizo moi escuro. Chegamos ao outro lado e hai un parque de bolas. Chamamos ao resto: xogamos, empezamos a saltar nunhas camas... Cando nos cansamos, imos a un ascensor xigante, entramos e baixamos ao último piso: o -26. Pero plantase dúas antes:

- Bang!!!

O ascensor rompera en anaquiños, estaba sobre o nivel do mar; así que viñeron nadando uns golfiños e, ao tocalos, podiamos respirar debaixo do mar. Leváronnos a Oceanía a un lugar no que había un tobogán de algas e unha piscina con burbullas de aire".

Aquí acaba o meu sono, non sei o que sucedeu despois porque amence e espértome.

Isto para algúns pode ser fascinante, mais para min é intrigante e aterrador porque teño moitas dúbidas sen resolver: que significa o do cruceiro, o día 11 de agosto?

Mayra

No hay comentarios:

Publicar un comentario