Hoxe espertei, sentíndome moi rara. Estaba moi nerviosa e inquieta. Sentíame moi rara...
De súpeto, púxenme a cantar, e sen darme conta, a voar! Voei por toda a casa e saín pola xanela.
Din unhas cantas voltas pola rúa e por todo o Temple, ata chegar ao colexio.
Aterrei no tellado. A miña madriña! Estou alucinando, aquí hai tres gaivotas, que me miran moi, moi enfadadas. Quérenme botar fóra, empezaron a gritar: Fóra, fóra, fóra, rapaza rabuda!
Púxenme a cantar e a voar. Quería volver a casa, mais non había maneira; voei en dirección á ría... Dereitiña de cabeza cara á auga. Que fría e que mal cheira!
Menos mal que sabía nadar, saín e marchei correndo cara a miña casa.
Sen facer ruído, acosteime. Polaa mañá toda a cama estaba sucia e eu tamén.
Miña nai non creu cando lle contei o que pasou.
Ufff, que tolemia!
Tania
No hay comentarios:
Publicar un comentario