O tempo tolo está
non para de cambiar,
a ver cando parará
porque non podo pasear.
Non sei que roupa poñer
porque frío ou calor vou ter.
A cabeza teño que romper
pensando en que vou facer.
Andamos preto do verán
nun mes que ten moitos refráns,
todos din que choiva caerá
e así campos florecerán.
Do parque uns días esquecereime
e na casa entretereime
facendo algunhas trasnadas,
papando varias lambetadas.
Sara
No hay comentarios:
Publicar un comentario