Teño sete preguntas sobre o futuro. Que quero ser de maior?
Eu quero ser profesora de Arte.
Que aspecto físico terei?
Levarei o pelo ondulado e curto con mechas loiras nos laterais.
Que cousas non soportarei?
Cando lle dea a palabra a alguén, outra persoa diferente diga a resposta.
Que levaría sempre a clase?
Pinceis, botes, lenzos...
Que tipo de pizarra empregaría?
Unha branca, con moitos rotus de cores.
Que faría se un neno ou nena se portase mal?
Igual non lle viría mal poñelo contra a parede cinco minutos...
De portarse ben?
Felicitaríao e daríalle unha pegatina.
Queridos compañeiros, tedes unha semana para responder, se o considerades oportuno.
Mar
No hay comentarios:
Publicar un comentario