Teño catro dúbidas sobre estes aparatos:
- Son bos?
Eu creo que si, porque serven para chamar e teñen un sistema no que túa nai ou teu pai saben onde vas.
- A que idade os podo utilizar?
Aos once, por exemplo; de telo antes, gastas a memoria instalando xogos, podes romper a pantalla ou ...,
deixalo tirado no xardín!
- No futuro utilizaranse?
Penso que non; como non haberá libros, senón tablets e ordenadores.
Vouvos deixar as preguntas para que as poidades anotar e respondelas.
Mar
4/IV/22
Querida Mar:
Lin o teu traballo sobre os móbiles e gustaríame contestarche ás preguntas que fas.
Vou comezar pola primeira:
- Son bos?
Eu creo que si porque serven para comunicarnos de maneira rápida; e, incluso, se ten cámara, podemos facer fotos velozmente e tamén ver a outras persoas como se as tivésemos diante cando hai unha video-
chamada. O malo é non saber usalos, xa que podemos ir a aplicacións ou buscar información que non debemos.
- A que idade?
Isto non o teño moi claro, mais penso que sobre os dez anos se, por exemplo, tes que chamar aos teus pais porque non estás con eles; para os maiores, quizais ata os catorce ou quince anos.
- No futuro?
Aquí penso diferente a ti. Creo que si, o que pasa e que serán tan avanzados que incluso a través deles poderemos teletransportarnos.
Espero que os demais se animen a contestar.
Un saúdo,
Sara
Hola, Mar y Sara:
He leído lo que habéis escrito y yo también quisiera contestar a las preguntas.
Creo que son buenos si le das un buen uso: llamadas, fotos, mensajes... Pero nunca para un uso irresponsable.
En cuanto a la edad, no estando segura, me parece que a las once si eres responsable; si no, a los diecisiete es una edad adecuada.
El futuro será impresionante tal y como avanza la tecnología. Eso sí, Sara, para teletransportarnos, tendríamos que hacerlos desde una televisión o algo parecido.
Todos tenemos opiniones diferentes, lo que es positivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario