sábado, 12 de marzo de 2022

"Boas noticias para o alzhéimer"

 O Temple, 08/3/22

Hoxe, arredor das cinco da tarde, comunicouse o descubremento dunha nova medicación que permite recuperar a memoria ás persoas que teñen alzhéimer.

Os tres científicos: Ruth, Lidia e Genaro lográrono con éxito grazas á súa colaboración en equipo.

Cada un deles compartiu os seus coñecementos de matemáticas, sociais e naturais.

Todo isto supón un gran avance para deter a enfermidade.

A partir da próxima semana estará dispoñoble nas farmacias.

Persoalmente, penso que é moi importante traballar en equipo para poder conseguir logros; ademais, como din: "Tres cabezas pensan máis que unha".

(Inventei esta noticia porque a miña nai me explicou fai uns días que a partir dos sesenta e cinco anos moita xente sofre esta enfermidade, e paréceme moi interesante que se poidera atopar unha solución.)

Sara

No hay comentarios:

Publicar un comentario