martes, 18 de enero de 2022

"Súper heroes"

Se a miña familia máis eu fósemos heroes, viviría no campo lonxe da cidade.

O poder do meu pai sería a forza, o da miña nai a elasticidade, o da miña irmá maior facer estoupar as cousas dos inemigos. o da menor botar raios láser polos ollos e coas mans; por último, o meu a telequinesia: podo mover obxectos, persoas, animais. Empregaríaos para non moverme do sofá.

Tería un traxe azul con saia e un cinturón dourado; a parte superior sería de manga longa, e cunhas botas azuis e laranxas.

Como serías ti?

Mar

No hay comentarios:

Publicar un comentario