Non fai moito tempo nunha praia deserta un ourizo estaba xogando coa súa pelota a lanzala ao aire e logo collela; pero, sen querer, caeulle nos seus pinchos. Esta desinflouse e foi voando ata aterrar xusto ao lado dunha serpe. Cando esta vi ao ourizo chorando, decidiu collela e xogar xuntos. Así foi como se creou a súa amizade.
Despois duns cantos meses, chegou o frío inverno; eles querían durmir xuntos, pero non podían porque o ourizo pinchaba moito.
Un día, xa fartos, decidiron buscar ideas, mais ningunha funcionou; así que foron a pedir axuda a unha sabia curuxa. Deulles unha caixa chea de cortizas para poñelas nas súas púas e así non pincharse.
Mar
No hay comentarios:
Publicar un comentario