lunes, 13 de diciembre de 2021

"A miña aventura"

Fai uns días nunha aldea preto da miña casa vin unha cantidade de cabalos correndo como se estivesen fuxindo.

Eu ía no coche coa miña irmá Ainhoa. As dúas empezamos a mirar a través dos cristais se conseguiamos ver o que pasaba.

Non tivemos éxito, pois non puidemos atopar nada; pero de súpeto comezou  a tremer o coche.

ERA UN TERREMOTO!

Agora entendo por que estaban a fuxir os cabalos.

Aproveitei para sacar os meus poderes e convertirme en "Súper Sara". En dous segundos logrei volver todo á normalidade. Iso si, ninguén sabe quen fixo dita marabilla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario