viernes, 5 de noviembre de 2021

"Soños"


O outro día soñei cun mundo de caramelos. As escobas eran de chocolate, as árbores de algodón de azucre, e a herba e os coches de golosinas.

Eu voaba polo ceo vermello e o sol azul, a noite amarela e as estrelas verdes.

O si era non e ao revés, parar é seguir: todo distinto.

Vivir neste mundo foi moi complicado, porque nada tiña sentido.

Os soños son imaxinacións, esperto ou durmido. Poden ser fermoso, bos, malos, coloridos así asá, ou de calquera maneira.

Sempre que o imaxines ti!

Alguén díxome unha vez: "Son ilusións da vida". É certo!

Mayra

No hay comentarios:

Publicar un comentario