Onte soñei algo moi pero que moi terrorífico. Atentos a esta historia de medo!
Era de noite, e eu, Ainhoa a miña irmá, e a miña nai Ingri, marchamos a un centro comercial, onde íamos visitar a nova tenda que anunciaran.
Alí atopeime á miña amiga Aroa coa súa irmá Emma e a súa nai Loli.
Encantada de vela, deille unha aperta e pregunteille se quería vir connosco ao novo local.
Ela, alegremente, respondeume que si; e as dúas puxémonos moi contentas.
Cando chegamos a aquel sitio sorprendémonos moito: era un lugar moi feo, con xeente parecida aos monstros de Halloween.
Asustadas, decidimos saír, pero... Colleunos unha pantasma! Démoslle unha patada, escapamos correndo e non volvimos nunca máis alí.
Sara
No hay comentarios:
Publicar un comentario