Fai moitos anos nunha vila chamada Pentle existía un colexio chamado "O Graxal".
Nesa escola había unha aula de cristal, unha biblioteca, un comedor, un pavillón e moitísimas clases. De feito, nunha desas aulas (4ºB) chegou un novo compañeiro chamado Luís.
Cando o recibiron, todos os nenos e o profesor estaban moi contentos de ter a alguén novo no centro; pero é certo que a eles o neno pareceulles moi raro.
Tiña os dedos moi longos e un pouco peludos, o pelo de cor verde, o nariz longo.
Levaba posto un xersei vermello, uns pantalóns azuis e uns zapatos amarelos polos que lle saían pelos.
Ao longo dos días todas as cousas do mestre desaparecían: o xiz e os exames, outro rotulador de pizarra e mailo seu maletín.
Así, non tiña cara de bos amigos. Estaba enfadado.
Sen embargo, todos os nenos estaban felices de non poder currar en clase e de non facer exames.
Pero o problema chegou cando a directora decidiu facer un concurso de cal era a mellor clase da escola.
Adivinades cal foi a peor? Sorpresa! 4ºB. Todo o seu alumnado sentiuse tan mal que decidiron falar con Luís, pois xa se deran conta das súas trasnadas.
Pedíronlle que deixara todo como antes; senón, convertiríanse nuns vagos e non aprenderían nada.
Custoulles convencelo; pero ao probar o novo alumno o divertido que era aprender, decidiu non esconder xamais as cousas, nin do seu titor nin de ningún profesor.
Sara
No hay comentarios:
Publicar un comentario