O pesadelo que tiven onte foi raro: encontrábame nun bosque. De súpeto apareceu unha criatura estraña: ollos de enfado, ás de morcego, orellas de oso, fociño parecido ao dun coello e dentes de crocodilo con trociños de prantas.
Eu, asustada, botei a correr, pareime nun claro do bosque: alí víane as estrelas...
Apareceu unha curuxa que se pousou no meu brazo. Logo voaba ao redor de min.
O mostro rodeado de morcegos! Viña hacia nós!
Xa non recordo nada máis! Non me deu tempo a acabar o soño... Espero seguir esta noite.
Valentina
No hay comentarios:
Publicar un comentario