Patricia é a miña avoa paterna e vive en Colombia. Ten os ollos e o pelo negro, é de estatura media e cun pouco de canas.
É moi boa, cariñosa, noble e tranquila.
Gústalle dar pasaos, cociñar, visitarnos e a cor amarela.
Ten un negocio de comidas e vende moitas arepas e empanadas. No seu pobo coñécena por cociñar tan rico.
Aminta é a miña avoa materna. Alta, co pelo e os ollos marróns, usa gafas. É máis xoven que Patricia.
Moi tranquila, boa, cariñosa e divertida.
Gústanlle os vestidos, xogar connosco e facer moitas sopas de letras. Encántalle ver programas como: "Saber e gañar" ou "Pasapalabra". Tamén le moito.
Odia as palabrotas, e ten como norma non decilas na súa casa. O mesmo pasa na miña que, cando alguén di unha palabrota ou palabra que soa mal, ten que pagar unha multa de dez céntimos.
Sara
No hay comentarios:
Publicar un comentario