martes, 28 de septiembre de 2021

"Arácnida"


 Unha tarde, unha nena xogaba no seu xardín.

A súa irmá atopou unha araña, ensinoulla, ela asustouse e saíu correndo. Tiña aracnofobia!

Despois dunhas cantas horas picoulle na man á rapaza.

- Que dor! Aaah!

Tiña oito patas e cento dous ollos.

- Que medo!

- Tes que axudarme, non son capaz de chegar ata a miña casa, está moi afastado.

Ela sorprendérase ao saber que o animal podía entender.

Colaborou coa criatura e axudouna. Entendera que o animal non lle quería facer dano ao picarlle; senón que pretendía que a comprendese.

Finalmente, todo volveu á normalidade.

Mayra

No hay comentarios:

Publicar un comentario