martes, 15 de junio de 2021

"Unha tarde especial"

Fai uns días fun coa miña familia ao Monte de San Pedro.

Había moita calor, mais contabamos cun parque moi divertido.

Cando empezamos a subir, o vento molestaba porque estabamos ao lado do mar nunha especie de montaña.

Alí tamén había un cañón e balas xigantes!

Fomos por un camiño un pouco estreito, andamos un pouquiño, e atopamos un estanque sen parrulos.

Logo comimos na "Taberna dos cinco mares"; dende alí podíase ver a Torre de Hércules, así como un ascensor con forma de esfera. 

A comida estaba riquísma, e o postre xeado de chocolate e lima!

Mar

No hay comentarios:

Publicar un comentario