viernes, 11 de junio de 2021

"Os deberes"

Son algo imprescindible para todos, e máis para a xente que o precise.

Melloras as materias que non teñas controladas; son fundamentais para estar á túa altura. 

En galego, repasamos e recordamos cuestións que non debemos esquecer.

O malo é que, se estás de malas ou unha hora para elixir o tema sobre o que vas escribir, tardas demasiado e perdes o tempo.

Persoalmente, gústanme; se estas distraído con isto, evitas estar vendo a televisión a tarde enteira.

O único problema é ter menos tempo para ver aos amigos e ir ao parque a xogar.

No meu caso, mellorei moito a redacción, agora non teño tantas faltas de ortografía; en matemáticas, que xa se me daban ben, tamén aumentei o meu nivel.

Iago

No hay comentarios:

Publicar un comentario