martes, 6 de abril de 2021

"Pobo de doces"


A nai de Carlos non lle deixaba papar doces. Un día, foise a durmir e, cando espertou, veu un lugar con: granxas de chicles, edificios de gominola... O paraíso!

Preguntoulle a un chupa chup:

- Ola! Como se chama este pobo?

O doce dixo:

- Pobo de doces e... Corre, neno!

Unha mazá colleu ao rapaz e dixo:

- Vouche papar!

Espertouse (outra vez) e dixo:

- Non vou papar doces nunha boa tempada.

Joan

No hay comentarios:

Publicar un comentario