miércoles, 16 de diciembre de 2020

"28 de decembro"

É o día do meu aniversario. Todos os anos celébroo un día coa miña familia, e outro cos meus compañeiros.

Este ano vai ser diferente porque non o poderi facer como sempre.

O mportante é que todos estamos ben. 

De agasallos pedirei un xogo chamado "Cifras e letras", un reloxo e unha mochila de rodas, porque a que teño xa me queda pequena.

A miña tarta vai ser "Gorjuss", que é unha boneca moi bonita.

Estou desexando que chegue ese día porque a miña avoa prometeume que faría o posible para estar comigo.

Por certo, isto non é unha inocentada, é certo que cumpro ese día.

O malo de que sexa en decembro é que son a máis pequena da clase; o bo é recibir agasallos no nadal e  no meu "cumple". 

Sara

No hay comentarios:

Publicar un comentario