miércoles, 18 de noviembre de 2020

"Elfos e humanos"

Contan que no medio do ceo, nunhas nubes de algodón de azucre, viven uns elfos.

O rei, chamado Urano, tíñalles prohibido baixar a terra firme.

A filla menor quería saber como era o mundo humano. Entón, unha noite decidiu viaxar ata a Terra. Aterrou nun bosque escuro.

Nese momento desmaiouse.

Por sorte, unha nena que pasaba por alí colleuna e levouna para a súa casa.

Cando espertou, comezou a berrar. A pequena tranquilizouna e preguntoulle que facía soa. 

A elfa contoulle o que o rei prohibía, mais ela queria coñecer a Terra.

Entón deciden viaxar por todo o mundo.

Cando lle chegou o tempo de volver ao ceo, tiña moito medo porque o seu pai a castigaría. 

Así que tamén viaxaron xuntas para explicarlle o que pasara.

Desta forma, elfos e humanos manteñen o contacto o son anigos.

Sara

No hay comentarios:

Publicar un comentario