Como
xa sabedes, despois de varios días de sufrimento (non esaxero, só digo a
verdade) xa por fin podemos gozar un pouco máis. Aínda que xa podíamos saír
unha hora, sempre sentía como se me faltase algo… E ese algo era o mar!!
Dende
primeiros desta corentena xa tiña ganas eu de ir ao mar a mollarme! Seguro que vos tamén, non si? Estrañaba xogar coas miñas amigas na area e na
auga da praia. Unha das desvantaxes
MAIS grandes é cando estás na auga e hai
xente coñecida, pois tes que gardar igualmente a distancia de seguridade, a min iso no sei si parece
inxusto ou xusto. Mellor é facelo para evitar contaxios.
Onte
POR FIN puiden ir alí por primeira vez
en meses. Notei que xa me sentía libre. Bañeime varias veces, xoguei coa area,
din paseos e estiven cunha amiga que estaba alí. Total, que ese día foi o
mellor de todos.
Hoxe
vouno repetir porque fai moi bo tempo. Seguramente vouno pasar moi ben, aínda
que terei que estar menos tempo porque pola tarde debo ir a Acopros (a
asociación onde está o meu logopeda). Ademais tamén debo cumprir coas miñas
obrigas!
Como
son a praias da vosa cidade? Xa vos bañastes?
Que
vos gusta máis, a praia ou a piscina?
Sara Lago
No hay comentarios:
Publicar un comentario