Nacín na Coruña,
pola noite mais ben o serán,
un xoves dezaoito de xaneiro
ao carón do meu pai e da miña nai.
Ao chegar a casa coñecín a miña irmán
coa que adoitaba xogar ,
pero agora que somos maiores
non paramos de pelexar.
Empecei a escola como calquera neno normal
pero agora con doce anos
dunha maneira moi rara vouno rematar.
Dentro de pouco empezarei
nun novo centro escolar,
teño moitos nervios
pero todo vai saír xenial.
Ana Dos Santos
No hay comentarios:
Publicar un comentario