Moitas veces ao longo
da túa vida vas ter que tomar decisións que che levarán
a ter un cambio na túa vida, e algunhas desas veces non vai ser fácil adaptarse
a esa nova situación. Un cambio de casa, de cole, de profe e ata de” look”
vanche facer sentir medo, inseguridade, incerteza, porque non sabes como che
van a afectar.
Por outro lado, estes
cambios non teñen por que ser malos, case sempre soen ser positivos; pero para
iso hai que arriscarse e enfrontarse ao descoñecido. Ao principio non vai ser
fácil adaptarse; mais cando te deas conta, xa vas estar igual ou mellor que antes.
Non hai que ter medo, xa que se sempre fas o mesmo, ao final a túa propia vida vaiche parecer
a mar de aburrida e tamén nunca saberás o que podería aportarche ese cambio.
Ademais non tes de que preocuparte, xa que sempre vas poder volver a onde
estabas se non che gusta a nova situación.
Así que hai que ser
valentes e arriscar. Eu pola miña parte xa empecei a cambiar…
Boas reflexións.
ResponderEliminar