Levamos xa días encerrados nas nosas casas, privados da
liberdade que tiñamos antes; por culpa dun maldito virus que nos está
infectando a nivel mundial. Todo isto é moi duro, pero tamén debemos ver o lado
positivo desta situación.
A contaminación diminúe e
mellora a calidade do aire, debido a que non usamos tanto os transportes e
porque a maioría das fábricas están paradas.
Pasamos máis tempo en familia, coñecéndonos máis e
facendo cousas xuntos.
Somos solidarios coa xente, xa que a situación nos
mantén unidos e tirando todos para o mesmo lado.
Valoramos o que temos e o que tiñamos, xa que ás
veces non se valora ata que se perde.
Dámonos conta de que todas as profesións son iguais de importantes:
sanitarios, caixeiras de supermercado, agricultores, policías, etc.
Recoñecemos a sanidade pública que temos en España, fronte
á que teñen noutros países.
Por todas estas razóns e por outras moitas espero que
reflexionemos, aprendamos, para converternos en mellores persoas. Todo vai saír
ben!
Álex
No hay comentarios:
Publicar un comentario