lunes, 23 de marzo de 2020

"Como usar un balcón?"

Na miña casa teño un pequeno balcón. Cando non estaba encerrada, non o usaba nin nada. Pero, desde que o colexio nos mandara quedarnos, pois para saír a tomar o aire vou usalo.

Ademais tiven unha idea xenial: Temos unhas tumbonas de praia no trasteriro, poñémolas alí cara á rúa, e así poder ver o barrio e respirar aire fresco. Xa que non se pode ir a outro lugar, non imaxinades o valor que lle dou.

Ter xa o tiña, pero facíalle pouco caso. Ao final, isto do coronaviris vai servir para valorar aquilo que non lle daba importancia ata hoxe.

Vós valorades todo o que tedes?

Sara Lago

No hay comentarios:

Publicar un comentario