Este virus comezou en China no 2019, e agora está por todo o mundo. Ao
principio non lle dábamos moita importancia e non tomábamos
as medidas axeitadas, pero ao ver tanta
xente contaxiada, e moitos mortos, xa tiveron
que facer outras cousas.
Ao principio só
afectaba ás persoas máis vulnerables ou con patoloxías previas, pero
agora a todo o mundo.
Os que teñen posibilidades de collelo son sanitarios
porque están en contacto continuo con
eles; e por encima, para agravar a
situación, hai falta de material, como as EPIS (equipo de protección
individual): gafas, mascarillas, batas…).
Eu vívoo en primeira persoa, xa que a miña nai traballa
nunha residencia de anciáns en Oleiros ,e de momento non tiveron ningún caso,
pero vai todos os días nerviosa polo que poida pasar.
Todas as compañeiras (segundo di ela) están igual, a miúdo
choran da impotencia de non poder facer nada.
E a isto súmaselle o nerviosismo dos residentes, xa que
non paran de preguntar que pasa, dado
que os familiares non os poden ir a visitar e non poden saír.
Todos os días
teñen chamadas das familias preguntando se todo vai ben, e a resposta da
miña nai e “grazas a deus si´´.
Na casa seguimos unha mesma rutina: levantámonos, facemos
os deberes, estudio, comemos... e ás oito saio a ventá a aplaudir aos sanitarios.
Nunca vimos semellante situación e os avós din que dende
a guerra non se viu nada igual.
Ana Dos Santos
No hay comentarios:
Publicar un comentario