lunes, 20 de enero de 2020

"O Sanatorio de Cesuras"

Fai uns días, non recordo cando, fun un sábado pola tarde coas miñas amigas e cos meus familiares de excursión a Cesuras. 
Visitamos un sanatorio abandonado en ruínas.

Os vellos contan unha historia deste edificio de principios do século XX; din que foi un hospital para enfermos de tuberculosis, pretendían levalos alí para curalos, nun lugar afastado xa que a enfermidade é moi contaxiosa e morría moita xente por culpa dela.

Nunca chegou a funcionar. De feito, o edificio a día de hoxe está sen rematar. Ten cinco pisos, as paredes interiores cheas de humidade e musgo.
Situado nun bosque, nel gravouse unha película.

Merece a pena visitalo!

Sarah Tortoló
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario