martes, 26 de noviembre de 2019

"A pantasma do hotel de Sada"

No hotel "Sada Marina" vive dende o 2006 unha pantasma que aterroriza aos veciños.
O establecemento estaba abandonado e na cuarta planta, dende algún dos balcóns facía aparición o espectro; era un home gordo con lentes, vestido con traxe escuro saído doutra época; sempre recitaba poesías.
Grazas aos testimonios dos veciños que o viron, hoxe sábese que a pantasma pertence a Manuel Lugrís Freire, dramaturgo, periodista, poeta e filósofo nacido en Soñeiro.
Din que a primeira vez que fixo a súa aparición foi no ano no que se lle adicou o "Día das Letras Galegas".

Manuel

No hay comentarios:

Publicar un comentario