jueves, 31 de octubre de 2019

"As cataratas de Iguazú"

Conta a lenda que no río Iguazú existía un monstro chamado Boi, ao que os indíxenas tiñan que ofrecer unha xoven cada ano para que non lles atacase o pobo.

Un ano, na cerimonia para a entrega, un xoven namorouse da muller que ían sacrificar aquel día. Intentou que non a arroxaran pero non conseguiu nada; preparou a súa canoa e, sen pensalo dúas veces, tirouse a rescatar a Naipí. 

Cando o monstro decatouse, perseguiunos, partiu o río en dous e ambos quedaron atrapados alí.

O animal decidiu convertir a Naipí nas preciosas augas, e a Taraba nunha árbore xusto na boca do diablo.

Ana Pereira


No hay comentarios:

Publicar un comentario