Unha noite de Samaín convertinme en monstro. Era grande, forte, peludo e verde. Tiña dúas cabezas, cada unha con tres ollos, dúas grandes bocas e cornos.
Saín á rúa disposto a asustar a todo o que me encontrase, xa que era moi feo, eu mesmo asusteime a primeira vez que me mirei ao espello.
Cando xa asustara a varias persoas vin a uns nenos moi tristes e aburridos sentados nun banco, achegueime moi amodo para que non sospeitaran e poder asustalos. A sorpresa foi que non fuxiron, nin berraron, se non que me dixeron: "Ti si que das medo, o teu disfrace si que mola!"
Con isto entendín por que non os asustara antes, xa que pensaban que non era un monstro, que era unha persoa disfrazada.
Contáronme que estaban así porque os seus disfraces non atemorizaran a ninguén e todos ríanse deles. Pensei que se os acompañaba acabaría co problema; así que llo dixen e fomos en busca de xente, a idea foi un éxito. Asuatamos aos: caxeiros da tenda de chuches, aos seus pais, aos bombeiros...
Cando mellor o estaba pasando, soou o espertador e esperteime, todo fora un soño.
Alex
No hay comentarios:
Publicar un comentario