Un día estaba comendo churrasco cos meus pais. De súpeto, mordín e rompeume unha moa á metade por culpa dun óso.
Eles non se enteraron e berrei: Quedei sen unha moa!
Asustáronse tanto que tivemos que avisar ao dentista á hora de xantar. Estaba moi lonxe e chamámolo por teléfono.
Meu pai marcou o número e faleille eu:
- Ola, señor dentista, comendo partinme unha moa, cando ma podería arranxar?
Contestoume:
- Vente rápida para aquí, arranxarémola enseguida!
Así foi, saímos de casa pitando, tardamos unha hora en chegar pero valeu a pena: Volvo a ter a miña moa!
Ariana
No hay comentarios:
Publicar un comentario