Unha princesa ía camiñando pola cidade e encontrouse cun dragón, que lle preguntou:
- Pódese saber a onde vas?
- Vou á festa da miña amiga Lucy.
- Ah, pois pásao ben.
- Non o dis moi contento.
- Xa, porque nunca me invitaron a unha.
- Se queres vir comigo?
- Si, claro que si!
- Terei que falar coa miña amiga. Bla, bla, bla...
- Si que podes vir.
- Ben!
- Veña, que chegamos tarde.
Chegaron alí e non había ninguén; pero el dixo: Disfrutémola igual.
Bailaron ata non poder máis.
Ao día seguinte estaban moi cansos; o dragón, moi furioso porque non durmira ben, e botaba lume pola boca, destrozaba as fiestras e todo o que atopaba ao seu paso.
A nena, moi asustada, chamou aos gardas e non puideron facerlle nada... Finalmente, foron os "ATRAPA DRAGÓNS" os que o levaron a Dragolandia pra que fose feliz coa súa familia.
Ela choraba e choraba por perdelo; pero, por outra parte, estaba moi contenta para evitar máis destrozos.
Laura
No hay comentarios:
Publicar un comentario