miércoles, 6 de mayo de 2015

"O trío galáctico"

Había unha vez unha familia que tiña un fillo e unha filla. Estes estaban xogando e decidiron que querían un can porque todos os xoguetes xa lles aburrían; así, podíano sacar a pasear e lanzarlle unha pelota...
Entón dixéronllo aos seus pais, que pensaron un rato e contestaron afirmativamente.
Foron a unha tenda de animais, querían un pequeniño de tres meses e comprárono. Non só era para divertirse, había que coidalo.
Estando no xardín con el, comezou a falar e iso deixounos alucinados. Dixo que quería formar un grupo de superheroes para salvar o mundo!


Pasada unha hora, xa tiñan escollido o nome: "O trío galáctico".
Ao día seguinte  houbo un roubo nun banco próximo, eran tres ladróns. O canciño tiña superpoderes, entrou voando polo tellado; o neno súper forza, polo que tirou a porta abaixo; e a nena teletransportación.
Chegou a policía, entrou e arrestou aos implicados.
Despois dun rato, os seus pais, vendo as noticias na televisión, non recoñeceron aos seus fillos, porque cada un deles ía disfrazado coa primeira letra do seu nome.
Co tempo, seguiron loitando contra os atracadores e miserables que facían a vida imposible á xente.   

David

No hay comentarios:

Publicar un comentario