miércoles, 6 de mayo de 2015

"Claudia e os cans"

Era un día dos máis fríos do ano, escuro e chuvioso, no que toda a xente estaba abrigada e quentiña no seu fogar.
Polas rúas ía unha cadela chamada perla cos seus cachorros en busca dun lugar onde se poder abrigar e pasar a noite.

Nun momento no que se despistou, un deles perdeuse, e logo non encontraba nin á súa nai nin aos seus irmáns.
Por máis que a nai o buscaba, non aparecía.
A pobre cadeliña, asustada, tiña frío e fame. Foi camiñando e recorrendo as rúas, ata chegar a unha mansión enorme. No xardín había un burato polo que se podía pasar dun lado a outro, e por alí colouse. Foise refuxiar debaixo dunha árbore e así pasou a noite.
Pola mañá pronto espertou, porque lle soaba a tripa; iso fixo que non puidese seguir durmindo.
Da casa saíu unha rapaza pequena, de cabelo loiro e ollos azuis: Claudia. Segundo a viu, colleuna e levouna con ela.
O primeiro que fixo foi pedirlle á súa coidadora que lle preparase auga quente para lavala. Despois de bañala, secouna, tapouna cunha manta e deulle de comer.
¡Estaba encantada! Decidiu poñerlle de nome Diamante porque era branca.


Cando chegaron os seus pais, foi pedirlles permiso para ver se podía quedar con ela. Vírona e pareceulles fermosa. Aceptaron coa condición de que se ocupase de coidala.

Pasados xa catros meses desde que chegara, a nena decidiu dar unha volta polo arredor, ata chegar a un río que tiña unha fervenza impresionante. Nese lugar namorouse dun can e quedou embarazada.
Os pais decidiron nion decirlle nada á súa filla para que fose unha sorpresa.
Un día pola mañá, non paraba de ladrar e ladrar, espertou a todos; baixaron para ver o que pasaba: Cinco cachorriños!
Decidiron comprarlles unha casiña pequena.

Sempre que ía poñas rúas, o que máis vía Claudia eran cans abandonados, con fame e todo. Rompía a chorar porque lle daban moita pena velos así.


Non sabían que facer con ela, polo que decidiron invertir cartos nun bo acto. No xardín construíron, na parte traseira, varias casiñas para recollelos.



Cristina

1 comentario: