Chegamos, eu estaba intranquilo e case chorando.
Ao entrar, preguntamos a uns señores onde era a sala de ciruxía e subimos a unha para nenos con debuxos nas paredes.
Máis tarde pedíronme que me cambiase e que entrase nunha chamada "Fábrica de superheroes"; alí medíronme e tranquilizáronme un pouco.
Despois chamáronme para pincharme e poñer unha vía na que irían os calmantes.
Leváronme a unha habitación onde estiven moito tempo, ata que apareceu o asistente cunha camilla.
Xa no quirófano, moi asustado, pensaba en se podía ter problemas coa operación.
Os anestesistas distraéronme mentres quedaba durmido.
Ao espertar, un pouco mareado e con molestias nas feridas, pero estaba ben.
Aparte de me curar, aprendín a que non hai que ter medo pois vas mellorar.
Rodrigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario