martes, 3 de marzo de 2015

"Unha viaxe histórica"


Había unha vez dous nenos chamados Ana e Iago. Eran irmáns e gustáballe moito facer experimentos, vivir aventuras...
Un día estaban aburridos e quixeron probar unha cousa, se serían capaces de facer unha máquina do tempo.
E así foi, pediron un manual de instrucións e empezaron.
Cando case a tiñan terminada, o seu pai chamounos para merendar e, como tiñan o garaxe feito un desastre, recollérono rapidamente.
Voltaron ao traballo e pouco tempo despois xa a tiñan lista; quixérona probar e decidiron ir moitos anos atrás, nada máis e nada menos que á revolución francesa.
Aterrizaron e chegaron a unha casa na que vivían oito persoas.
Eles petaron á porta para comentarlles que ían axudar; entón, deixáronos pasar.
Nestes malos momentos de fame que estaban a pasar, a súa colaboración era moi beneficiosa.
Finalmenete, os rapaces tiveron que volver ao seu mundo actual e ofrecéronlles se querían vir ao século XXI; negaron a oferta e dixeron:
"Agora que nos amañaches todo, ímolo aproveitar ao máximo,
e moitas grazas por todo".

Laura

2 comentarios: