Brúa no alto dos outeiros
e abanea nos castiñeiros.
Ten un dente moi dentón
que deixa o campo en terróns.
Fala e non ten boca,
anda e non ten pes.
Que cousa é?
Nunha casiña
ben encaleada,
hai un pobriño
facendo morada.
Ten lombo e non anda,
ten follas e non é pranta,
sabe moito e non fala.
Que cousa, cousiña é?
Un espertador sen horario,
que ao raiar o día,
esperta ao vecindario.
Nicolás Rioboó
No hay comentarios:
Publicar un comentario