Cando naceu, todos quedaron aparvados mirando para el: Era o can máis bonito do mundo! E co tempo seguiu sendo o máis fermoso. Tiña as patas longas, o fociño afiado e as orellas pequenas.
Os seus donos procurábanlle a mellor comida, paseábano por todas partes.
Ás veces estaba triste porque non tiña moza. Cando o souberon, tolearon por encontrarlle unha cadeliña. Tras moito buscar, atoparon unha cadela coa que Boby pensou morrer de amores.
Esa noite durmía como un bebé feliz, tiña o que quería: uns donos que o coidaban e unha moza que o quería.
Á mañá seguinte, ao espertar, oíu uns berros tremendos que o chamaban sen cesar. As ovellas tiñan que ir pacer e o seu dono empezou a zouparlle cunha vara para que se levantase.

Entón pensou:
Que sono tan bonito tiven! Se fose verdade!
Gabriela
No hay comentarios:
Publicar un comentario