jueves, 2 de diciembre de 2010

"Unha dor inoportuna"


Un día das vacacións de Nadal empezou a doerme moitísimo a barriga. Era unha dor insoportable e os meus pais leváronme ao hospital. Despois de probas e probas, descubriron que tiña apendicite. Operáronme e pasei alí o Fin de Ano e tamén os Reis.

Foron uns días moi longos, pasaban e non me poñía ben; tiven moitas visitas e algún que outro regalo. Recupereime e non quedou máis que a lembranza daqueles momentos.

Martín

No hay comentarios:

Publicar un comentario