martes, 25 de mayo de 2010

"As rochas máxicas"

Había unha vez unha familia moi unida, nunca se separaban.
O fillo pequeno era superdotado, pero sobre el tiña un embruxo e non podía relacionarse con ninguén.
Nunha viaxe o neno perdeuse, o conxuro impedía que poidese falar coa xente para explicarlles onde estaban os seus pais. Estes, que sabían da súa intelixencia, pintaron nunhas rochas o pobo no que estaban de vacacións e o lugar no que se aloxaban. O pequeno atopou unha das rochas e conseguiu dar con eles sen preguntarlle a ninguén.
Dende aquel día o embruxo rompeuse e as rochas daquel pobo chamáronse máxicas.
Sofía

No hay comentarios:

Publicar un comentario