Xona era unha egua pequena, filla de Flecha. O seu coidador e adestrador era Manuel, un mozo de dezanove anos amante dos animais e un xinete de primeira; pero tivo un accidente e morreu.
Arcla era unha nena de cinco anos á que lle gustaban moito os cabalos, pero tíñalles algo de medo porque os vía moi grandes. Por iso montaba a Flecha, pero sempre con Manuel, e seguíao á súa corte a darlle de comer e a cepillalo; así el íalle ensinando como se coidan.
Un día Xona deixou de comer, non quería levantarse e o veterinario non sabía que darlle. Todo o mundo cría que lle ía pasar algo; pero Arcla encheuse de valor, entrou no seu pesebre e púxose a contarlle que tamén estaba triste, que non entendía por que Manuel non viña: Ela tamén queríao moito!
Todos os días falaban un pouquiño, ata que o animal, seguramente farta de escoitala, foi empezando a comer e a levantarse. Aprenderon a xogar xuntas.Os días ían pasando. A nena quería montala, pero a súa nai non lle deixaba. Practicou con Flecha e prometéronlle que, cando crecese e Xona non fora tan brava, sería para ela.
Durante varios anos as dúas medraron e aprenderon coa vixiancia das súas nais, pero agora tratan e galopan xuntas e aínda botan unha conversadiña.
Clara
No hay comentarios:
Publicar un comentario